|
Orde do 16 de maio de 2006 da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación e Industria pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións dos programas sectoriais de Recursos Naturais, Tecnoloxías para a Innovación e Servizos ao Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2006
Beneficiarios e Modalidades: Empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado ou empresas públicas. Tipos de proxectos: - Individuais, propios ou con colaboración externa.
- Coordinados con outras empresas ou Centros Tecnolóxicos.
Información e solicitudes: Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación e Industria Conceptos subvencionables: Admitiranse custos dende o 1 de Xaneiro do ano 2006. 1.- Proxectos:
- Persoal técnico da empresa
- Persoal adicional técnico-científico que contrate a empres
- Non se admiten custos de persoal financiados con fondos europeos
- Material Inventariable
- Servicios Tecnolóxicos Externos
- Material Funxible
- Viaxes ( gastos manutención: máx. 55 euros persoa/día)
- Colaboracións externas, que deberán ser recollidas nun contrato ou na carta de intencións (máx. 70% custo total proxecto)
2.- Dotación de laboratorios e Departamentos de I+D:
- Adquisición de equipos, sempre que non supoñan duplicidade inxustificada de equipamento no sistema galego de innovación.
- Instalacións e equipamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipos adquiridos.
- Consumibles relacionados coa posta en marcha do laboratorio ou departamento de I+D, sempre que non superen o 5% do investimento a realizar.
Non se financiarán dotacións de laboratorio para control de calidade DOG 29 de maio de 2006 |