| A Xunta xa permite tramitar en Internet todos os tributos da súa competencia | ||||
|
|
Transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados, sucesións , doazóns, patrimonio e as taxas sobre o xogo se poden tramitar a través da administración en liña.
Oficina virtual A Oficina Virtual da Consellería de Economía e Facenda permite xa a tramitación a través de Internet de todos os tributos cedidos que xestiona directamente, é dicir, transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sucesións e doazóns, e patrimonio; así como as taxas sobre o xogo. As melloras introducidas na denominada Administración electrónica permiten así un maior achegamento aos cidadáns que poderán realizar os trámites dunha forma máis áxil e cómodo utilizando as novas tecnoloxías de que dispón o servizo en liña da Xunta. O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, presentou hoxe na delegación da Consellería en Vigo todas estas melloras que supoñen, segundo dixo, «unha mellora no servizo tanto para os particulares como para os colectivos profesionais que actúan de intermediarios ou usuarios autorizados». Entre as novidades introducidas pola Consellería na xestión tributaria a través de Internet, o conselleiro destacou a mellora do programa de axuda á liquidación do Imposto de Sucesión (ALIS), que presenta agora unha segunda versión máis completa que permite a simulación de todo tipo de reparto de herdanzas, ademais da liquidación do imposto. Tamén destaca, segundo Fernández Antonio, a nova posibilidade de ingresar as liquidacións en calquera entidade colaboradora o que supón, afirmou, «un importante avance no achegamento da Administración e na comodidade para os cidadáns». No mesmo sentido figura a sinatura de convenios de colaboración para a presentación telemática dos impostos a través de colexios profesionais, asociacións e outras entidades que poderán actuar como colaboradoras da Administración e intermediarios dos cidadáns. Precisamente hoxe, no marco da visita do conselleiro á delegación de Vigo, firmáronse senllos convenios con esta finalidade coa Asociación Profesional de Asesores Fiscais e Contables de Ourense, coa Asociación Nacional de Tramitadores Administrativos e Profesionais, e co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Forestais de Galicia. Entre as actuacións internas que fixeron posible a extensión e mellora da Administración electrónica figura a instalación de fibra óptica entre delegacións e servizos centrais, a mellora dos procedementos informáticos e a axilización dos trámites administrativos. FONTE: lavozdegalicia.es
|
| < Anterior |
|---|


