| Xornadas sobre “INSTRUMENTOS DA XUNTA PARA O APOIO ÁS EMPRESAS" | |||
|
|
A nova política económica que se esta promovendo desde a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, contempla como principal obxectivo lograr unha ritmo de crecemento económico e de innovación que permita converxer con España e Europa, crear emprego estable e de calidade e aumentar o nivel de riqueza e benestar dos cidadáns, asegurando servizos públicos de calidade. Para a consecución destes cobizosos obxectivos, a Xunta de Galicia dispón, ente outros, de tres institucións clave para impulsar a actividade económica da comunidade: o IGAPE, Xes Galicia e BIC Galicia. Con este motivo o luns día 19 de xuño celebrouse no Centro Social de Caixanova na Coruña as xornadas sobre “INSTRUMENTOS DA XUNTA PARA O APOIO ÁS EMPRESAS", que contou coa presenza como relatores do Director Xeral do IGAPE D.José Antonio Delgado Pradairo, o Director xeral de Xes Galicia D.Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández e o Director de BIC Galicia D. Carlos Pérez d Veiga. O evento, que comezou ás 19:00 horas e rematou coas intervencións ás 20:40, tras un coloquio onde os relatores contestaron ás dúbidas e preguntas dos asistentes. O evento estivo organizado pola sinatura de consultora Netglobal, Consultoría e desenvolvementos, S.A. e Astela especialistas en axudas e subvencións. Fonte: NetGlobal |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

