Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> ICHNOS - Xanela única empresarial >> Cámara de Comercio da Coruña, novo PAIT
 
Cámara de Comercio da Coruña, novo PAIT
18.07.2006 Print PDF Email

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña xa pode tramitar Sociedades Limitadas Nova Empresa.

 

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña remata de se incorporar á rede de Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT) mediante convenio subscrito coa Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa, organismo dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

 

En virtude deste acordo, procedeuse a implantar na sede da Corporación un PAIT, o cal, en colaboración co Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE), se dedicará á creación de Sociedades Limitadas Nova Empresa (SLNE) asesorando e prestando servizos aos emprendedores, tanto na xestación, tramitación administrativa e posta en marcha das súas iniciativas empresariais, como durante os primeiros anos de actividade das mesmas.

 

Con este, xa son 9 os PAITs cos que conta a provincia da Coruña, e 20 o total da comunidade galega.

 

Fonte: Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com