Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> ICHNOS - Xanela única empresarial >> O Ministerio de Industria pon en marcha o programa Peme Dixital
 
O Ministerio de Industria pon en marcha o programa Peme Dixital
20.07.2006 Imprimir Email
O obxectivo é aumentar a implantación do negocio electrónico nas pequenas e medianas empresas. As actuacións incluídas no programa impulsarán a implantación de solucións TIC, fomentarán a dispoñibilidade de novas solucións de negocio electrónico e promoverán a utilización da factura electrónica e dos procedementos telemáticos

 

 O programa levarase a cabo coa metodoloxía propia do Proxecto Avanza, baseada na cooperación coas Comunidades Autónomas, de modo que se subscribirán convenios para o seu desenvolvemento entre estes e o Ministerio de Industria.

 

Serán as comunidades autónomas as que sinalen as súas prioridades. Deste xeito, as accións cofinanciadas terán como prioridade os sectores nos que cada comunidade teña unha maior especialización, os que comprendan un número significativo de empresas e os que contribúan significativamente ao desenvolvemento da Comunidade Autónoma, así como os sectores con maior atraso tecnolóxico relativo e os de baixa productividade.

 

 O programa iníciase de maneira experimental en 2006, cunha dotación de 10 millóns de euros, e segundo os resultados desta fase deseñarase a fase operacional para o período 2007-2010

 

 

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Febreiro 2012
L M Me X V S D
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com