| A Lei da Administración Electrónica recollerá o dereito do cidadán a ser atendido telemáticamente | ||||
|
|
O primeiro borrador espérase que apareza en setembro. O ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla avanzou o pasado día 18, que a futura Lei da Administración Electrónica recollerá “o dereito dos cidadáns a ser atendidos de forma telemática”. Deste modo este servizo pasará de ser unha “potestade” das distintas administracións a ser unha “obriga”. Ao fin dunha reunión co Consello Asesor de Administración Electrónica (CAEE), Montilla tamén explicou que o Goberno prevé que o borrador da lei estea listo para setembro e que sexa presentado a finais de ano ao Congreso, tras o someter a consulta das Comunidades Autónomas. O principal obxectivo das conversacións entre as diversas administracións e o sector privado é chegar a acordos que faciliten a operatividade e compatibilidade dos seus servizos online. Ademais, perseguen que o texto "aproveite as posibilidades" das novas tecnoloxías e non sexa "unha simple translación a Internet do que xa se fai". Para iso, Sevilla apuntou que se tentarán eliminar ou substituír os procedementos que se requiren para os trámites coa administración que non sexa posible realizar de forma electrónica.
Fonte: El Navegante |
| < Prev | Next > |
|---|

