| Páxinas web gratuítas para as PEMES de A Estrada | ||||
|
|
O programa A Estrada Dixital pon a disposición das PEMES e asociacións locais unha páxina web propia baixo o dominio aestrada.com Para impulsar o comercio electrónico entre as PEMES e asociacións do municipio, A Estrada Dixital remata de pór en marcha o programa Emprend@, que lles ofrece a creación e aloxamento de páxinas de forma gratuíta. A creación de páxinas webs realízase baseándose en modelos prediseñados. Ademais as páxinas aloxaranse gratuitamente nos servidores de A Estrada Dixital durante un ano, con posibilidade de prórroga por acordo das partes. Poderán ser beneficiarios do proxecto todas as pequenas e medianas empresas, asociacións e institucións privadas ou públicas que na data da convocatoria teñan o seu domicilio social en A Estrada. O prazo de inscrición esténdese ata final de ano, habéndose interesado ata o momento unhas dez empresas. Fonte: aestradadixital.com |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|

