Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Xeral >> Páxinas web gratuítas para as PEMES de A Estrada
 
Páxinas web gratuítas para as PEMES de A Estrada
25.09.2006 Imprimir PDF Email

O programa A Estrada Dixital pon a disposición das PEMES e asociacións locais unha páxina web propia baixo o dominio aestrada.com

Para impulsar o comercio electrónico entre as PEMES e asociacións do municipio, A Estrada Dixital remata de pór en marcha o programa Emprend@, que lles ofrece a creación e aloxamento de páxinas de forma gratuíta.

A creación de páxinas webs realízase baseándose en modelos prediseñados. Ademais as páxinas aloxaranse gratuitamente nos servidores de A Estrada Dixital durante un ano, con posibilidade de prórroga por acordo das partes.

Poderán ser beneficiarios do proxecto todas as pequenas e medianas empresas, asociacións e institucións privadas ou públicas que na data da convocatoria teñan o seu domicilio social en A Estrada.

O prazo de inscrición esténdese ata final de ano, habéndose interesado ata o momento unhas dez empresas.

Máis información

Fonte: aestradadixital.com 

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Novembro 2008
L M Me X V S D
27282930311 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com