Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> ICHNOS - Xanela única empresarial >> Industria convoca axudas a Entidades Locales para proxectos de eAdministración
 
Industria convoca axudas a Entidades Locales para proxectos de eAdministración
09.10.2006 Print Email

O Boletín Oficial do Estado (BOE) de 6 de outubro recolle a convocatoria para a concesión de axudas para a realización de actuacións encamiñadas ao desenvolvemento da Sociedade da Información no marco do Proxecto Avanza, determinadas no programa Cidades Singulares.


O programa Cidades Singulares é unha continuación de Cidades Dixitais e permitirá o enlace con Cidades Dixitais II, que se encontra en fase de estudo e análise e presentarase durante 2007.

De acordo cos obxectivos do Proxecto Avanza, as axudas convocadas contribuirán ao financiamento de actuacións que fagan posible:

-  O acceso e o uso das TIC nos fogares e a inclusión dos cidadáns na Sociedade da Información.
- O desenvolvemento do sector TIC en España e a adopción das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas españolas, especialmente das pemes.
-  Unha educación orientada e cimentada na Sociedade da Información, na que se utilicen as TIC de forma intensiva, así como a incorporación das mesmas no proceso educativo.
- O desenvolvemento e a utilización de servizos públicos dixitais, que permitan mellorar os servizos p restados polas Administracións Públicas.
- A creación dun contorno favorable ao desenvolvemento da Sociedade da Información, mediante a extensión de infraestruturas de banda ancha, a televisión dixital, a xeración de confianza en cidadáns e empresas no uso das novas tecnoloxías e a promoción de contidos e servizos.

A contía total máxima das axudas convocadas non superará os 17 millóns de euros (un millón de euros para todos os proxectos presentados en cada Comunidade Autónoma). Poderán beneficiarse das axudas as entidades locais que conten cun censo de entre 20.000 e 200.000 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 26 de outubro.

Convocatoria

Información sobre o proxecto Avanza


Fonte: Rede.é

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
February 2012
M T W T F S S
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com