Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Xeral >> O Igape habilita unha liņa de financiamento para proxectos innovadores nas pemes
 
O Igape habilita unha liņa de financiamento para proxectos innovadores nas pemes
11.10.2006 Print PDF Email
As liñas de financiamento que contan co aval das Sociedades de Garantía Recíproca contemplan préstamos de entre 25.000 e 120.000 euros sen comisións das entidades e cun xuro do 3,30% en 2006.

Os emprendedores e as pemes que decidan implantar iniciativas innovadoras en Galicia poderán dispor de préstamos en condicións preferentes e avalados polas sociedades de garantía recíproca galegas, ao abeiro dos correspondentes convenios asinados polo Igape coas entidades financeiras e as SGR. que se publicaron o 9 de outubro no Diario Oficial de Galicia. Mediante as compensacións por custos e xestión das operacións financeiras que achega tanto ás entidades financeiras colaboradoras como ás SGR, o instituto fai posible a concesión de préstamos por contías comprendidas entre 25.000 e 120.000 euros nas seguintes condicións: prazo de amortización entre 5 e 7 anos, incluíndo ata un ano de carencia, con xuros definidos polo Euribor a seis meses+un tipo adicional de 0,25 puntos. Para o segundo semestre de 2006, o xuro nominal será do 3,30%.

Máis información no DOG

Fonte: IGAPE 


 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
November 2008
M T W T F S S
27282930311 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com