Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> ICHNOS - Xanela única empresarial >> No 2007 poderán crearse sociedades limitadas por Internet
 
No 2007 poderán crearse sociedades limitadas por Internet
20.11.2006 Print PDF Email
O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto que permite a constitución de sociedades de responsabilidade limitada a través de Internet e que entrará en vigor a comezos do próximo ano. A norma pretende estender a tramitación telemática, ata agora unicamente reservada á sociedade limitada nova empresa, á constitución de calquera sociedade de responsabilidade limitada.

Segundo a reseña do Consello, a tramitación telemática da constitución de empresas con forma societaria, baseada no Documento Único Electrónico, demostrou ter un importante valor para as empresas, xa que reduce de maneira moi significativa os tempos de constitución. Por isto entenden que faise necesario estender a outras formas societarias a tramitación telemática, en concreto á sociedade de responsabilidade limitada, por ser o tipo de sociedade máis utilizado no mundo empresarial.


Deste xeito, os emprendedores que queiran adoptar a forma xurídica de sociedade de responsabilidade limitada, poderán beneficiarse dunha rede formada na actualidade por 150 oficinas de tramitación telemática, distribuídas en trece comunidades autónomas, entre elas, Galicia.

Con este procedemento só terán que acceder presenzalmente en dous momentos para consitutir a súa empresa: a un PAIT e ao notario que escollan para o outorgamento da escritura pública da sociedade, evitando así, desprazamentos para realizar o resto dos trámites e o uso de formularios en papel.

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
November 2008
M T W T F S S
27282930311 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com