|
O Parlamento Europea acadou o pasado 15 de Novembro, un acordo final sobre a Directiva de Servizos. Con anterioridade, este mismo ano, o Consello chegou a un acordo sobre unha posición somún da Directiva. O día 15 o Parlamento Europeo aceptou a Posición Común do Congreso con modificacións técnicas mínimas.
A Directiva estivo en fase de elaboración casi tres anos, durante seis Presidencias diferentes. Unha vez que se implemente, vai reforzar o libre movemento de servizos a través de regulacións Europeas comúns. Promoverá tamén a produtividade, a competitividade e o crecemento en Europa. A Directiva de Servizos crea un marco legal común para os provedores de servizo no Mercado Interno. Como resultado da directiva, os Estados Membros terán que simplificar os requirimentos e normativa para os provedores de servizos, incluindo os procesos de autorizacións. Neste sentido, inclúese a obrigatoriedade de contar en cada Estados Membros, con ventanillas únicas empresariais onde se provea de todas as autorizacións necesarias para a posta en marcha dunha actividade, operativas no prazo de tres anos desde a entrada en vigor da directiva. Así mesmo, imponse tamén a obrigatoriedade de prover toda a información e servizos online, de maneira que non sexa necesario acudir fisicamente a ditas ventanillas únicas.Máis alá desta simplificación do establecemento, a Directiva tamén incentiva as actividades de servizos transfronteirizas e crea regras de asistencia mutua e cooperación entre os Estados Membros. Fonte: Presidencia Finlandesa da Comisión Europea |