|
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia nace para fomentar, apoiar e axudar ás PEMES (pequenas e medianas empresas) galegas no aproveitamento das novas tecnoloxías e Internet e na adopción de procesos de negocio electrónico. Deste xeito, dáselle a oportunidade de competir no mercado internacional ás empresas galegas.
Obxectivos xerais do Centro:
- Analizar a situación e a necesidade de formación das PEMES en canto ó uso de novas tecnoloxías.
- Formar ás PEMES (empresarios e persoal) en canto ó comercio electrónico e Internet.
- Proporcionar soporte técnico e axudar ás empresas con iniciativas de comercio electrónico.
- Promover e fomentar mediante accións de comunicación o comercio electrónico e as novas tecnoloxías en Galicia.
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia forma parte do proxecto europeo e-MINDER, a Rede Europea Rexional de centros de competencia para a promoción do comercio electrónico. O Centro está liderado pola Consellería de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e xestionado polo Centro de Supercomputación de Galicia (www.cesga.es). Ademais, o Centro ten unha estreita conexión co "Foro si-Galicia" ("Foro para a Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico"), unha iniciativa que pugna pola entrada plena de Galicia na chamada "Sociedade da Información".
Xunto ao CESGA, coordinador do Centro, participaron no proxecto e-MINDER a Universidade de Santiago de Compostela (www.usc.es) e a Universidade da Coruña (www.udc.es) |