Logo ICHNOS      
Home >> Projects >> e-MINDER
 
e-MINDER
29.05.2006 Print PDF Email

Information Society Technologies. V programa marco da Unión Europea.
(Setembro 2001- Setembro 2003)

O proxecto europeo e-MINDER (www.eminderproject.com) naceu para fomentar e axudar ó desenvolvemento do comercio electrónico e das novas tecnoloxías entre as PEMES (pequenas e medianas empresas). Para iso, creouse unha Rede Europea Rexional de Centros de Competencias, que se activa cos Centros de Galicia, Pomerania (Polonia - www.eminder.pl) e Chipre (www.e-minder.com.cy). As tres rexións teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido en canto ó uso e aplicación das TIC (Tecnoloxías da Información e das Comunicacións), as PEMES como modelo de empresa predominante e unha localización xeográfica periférica.
Obxectivos básicos do proxecto e-MINDER:
  • Apoiar a introducción das PEMES nos procesos de negocio electrónico establecendo centros de competencias en cada rexión participante.
  • Ofrecer coñecemento útil e obxectivo sobre novas tecnoloxías ás PEMES, de xeito que poidan integralo nos seus procesos de negocio.
  • Difundir as actividades dos centros e sincronizalos con outros centros que tiveron resultados positivos.
  • Ó remate do proxecto, os centros elaborarán un manual de referencia para futuros centros de competencias.


Este proxecto contou cun presuposto de 4.345.318 euros, dos cales 1.670.813 foron destinados á comunidade galega.

O proxecto chegou ó seu remate en setembro de 2003 e os resultados foron presentados na Final Conference, que tivo lugar o pasado 17 de xullo deste ano en Bruselas.
Máis información: www.e-negociogalicia.com

Documentos do proxecto 

 

 
Next >
 
 
 

Events

 
 
November 2008
M T W T F S S
27282930311 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com