Logo ICHNOS      
Inicio >> Proyectos >> VIDEMANIUM
 
VIDEMANIUM
29.05.2006 Imprimir PDF Email

VIDEMANIUM é unha iniciativa innovadora para a posta en valor dos recursos patrimoniais galegos, mediante a mellora da dispoñibilidade  e da accesibilidade  a contidos audiovisuais sobre estos recursos e a súa ulterior explotación en vídeo baixo demanda (VoD) sobre redes de banda ancha e Internet.

Os obxectivos do proxecto son determinar o segmento de recursos patrimoniais para unha primeira posta en explotación mediante VoD, identificar e catalogar os recursos audiovisuais sobre o patrimonio, detectar carencias de material audiovisual dispoñonle nos segmentos calificados como significativos, realizar unha selección de vídeos para a súa dixitalización e inclusión no sistema para a súa distribución e posterior posta en explotación.

VIDEMANIUM é unha iniciativa innovadora porque responde dun modo novo (metodolóxica e tecnolóxicamente) a algunhas das necesidades planteadas pola conveniencia de encontrar modos de explotación do patrimonio que fagan a súa preservación sostenible: non lle consta ó equipo investigador que exista en Galicia ningunha aplicación oo proxecto análogo ou semellante.

O proxecto, dunha duración de 16 meses, está dirixido ós seguintes colectivos de usuarios:
  • Profesionais do patrimonio (docentes, investigadores, traballadores de empresas,…)
  • Institucións xestoras ou difusoras de recursos patrimoniais (archivos históricos, bibliotecas, museos,…)
  • Usuarios finais (cidadans)

na fase final do proxecto validarase o sistema por dúas canles que aseguran , por unha parte, o ancho de banda requirido, e , por outra o acadar a un gran número de usuarios dos tres segmentos enumerados no párrafo anterior, o que garante un amplo impacto e difusión do proxecto.

Estos canles de banda ancha son:
  • RECETGA (Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia), a que se accede gracias á  colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), co apoio de LFCIA, laboratorio da Universidade da Coruña.
  • a rede do operador de cable R.

VIDEMANIUM encadrase  plenamente na clasificación de “Proxectos de investigación industrial” un proxecto de investigación planificada para a adquisición de novos coñecementos destinados á creación dun nuevo proceso (identificación-catalogación-dixitalización-distribución)  e un novo servicio (dispoñibilidade en VoD de contidos patrimoniais galegos).
 
< Anterior   Siguiente >
 
 
 

Eventos

 
 
Enero 2009
L M X J V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com