| VIDEMANIUM | ||||
|
|
VIDEMANIUM é unha iniciativa innovadora para a posta en valor dos recursos patrimoniais galegos, mediante a mellora da dispoñibilidade e da accesibilidade a contidos audiovisuais sobre estos recursos e a súa ulterior explotación en vídeo baixo demanda (VoD) sobre redes de banda ancha e Internet. Os obxectivos do proxecto son determinar o segmento de recursos patrimoniais para unha primeira posta en explotación mediante VoD, identificar e catalogar os recursos audiovisuais sobre o patrimonio, detectar carencias de material audiovisual dispoñonle nos segmentos calificados como significativos, realizar unha selección de vídeos para a súa dixitalización e inclusión no sistema para a súa distribución e posterior posta en explotación.VIDEMANIUM é unha iniciativa innovadora porque responde dun modo novo (metodolóxica e tecnolóxicamente) a algunhas das necesidades planteadas pola conveniencia de encontrar modos de explotación do patrimonio que fagan a súa preservación sostenible: non lle consta ó equipo investigador que exista en Galicia ningunha aplicación oo proxecto análogo ou semellante. O proxecto, dunha duración de 16 meses, está dirixido ós seguintes colectivos de usuarios:
na fase final do proxecto validarase o sistema por dúas canles que aseguran , por unha parte, o ancho de banda requirido, e , por outra o acadar a un gran número de usuarios dos tres segmentos enumerados no párrafo anterior, o que garante un amplo impacto e difusión do proxecto. Estos canles de banda ancha son:
VIDEMANIUM encadrase plenamente na clasificación de “Proxectos de investigación industrial” un proxecto de investigación planificada para a adquisición de novos coñecementos destinados á creación dun nuevo proceso (identificación-catalogación-dixitalización-distribución) e un novo servicio (dispoñibilidade en VoD de contidos patrimoniais galegos). |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

