| e-AQUA | ||||
|
|
O proxecto e-AQUA ten como obxectivo analizar a penetración das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) e a promoción do Comercio Electrónico no sector acuícola da área atlántica. O proxecto conta coa participación de representantes de catro países atlánticos: España, Francia, Irlanda e o Reino Unido. Os socios galegos do proxecto son o Cesga, Cetmar e a Universidade de A Coruña. O proxecto e-AQUA desenvolverase seguindo tres pasos coordinados para comprobar o grado de penetración das TIC no sector acuícola e promover o uso do Comercio Electrónico polas empresas do mesmo. Un traballo de Observatorio terá como función investigar a situación actual no sector respecto das TIC e as posibilidades de desenvolvemento do Comercio Electrónico no sector acuícola atlántico. Tomando como base o traballo do Observatorio, organizaranse cursos e seminarios de formación. Estes cursos e seminarios serán especificamente adaptados para satisfacer as demandas da situación actual do sector. Finalmente, dun modo complementario ó Observatorio e á Formación, o proxecto tamén contempla un traballo de asesoramento ás empresas acuícolas que queiran implantar as TIC nos seus procesos de negocio. FICHA DO PROXECTO Período realización: 1 outubre 2003-12 decembro 2004 Orzamento total: 997.459 euros Orzamento CESGA: 110.675 euros Tipo de proxecto: Europeo I3 Organismo:: Comisión Europea. Socio principal: Centro de Competencias de Comercio Electrónico Responsable do proxecto: Ramón Basanta (Centro de Competencias de Comercio Electrónico) Entidades colaboradoras: CETMAR, BIM , UNIVERSIDADE DA CORUÑA, MADE IN B, CEMPAMA, AquaTT UETP Ltd., SCHULEBERGERSEMA |
| < Prev | Next > |
|---|

