Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Centro >> Presentación do Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia
 
Presentación do Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia
13.03.2002 Imprimir PDF Email
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia fixo a súa presentación oficial onte en Santiago, co apoio da Secretaría Xeral de I+D, do CESGA, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Foro si-Galicia. A presentación oficial do Centro de Competencias en Comercio Electrónico tivo lugar este mediodía no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), nun acto que contou coa presencia do Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia, Miguel Á. Ríos, o director do CESGA, Javier García Tobío, a vicerrectora de Investigación da Universidade da Coruña, Esther Fernández, o vicerrector de Extensión Cultural e Servicios da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel Rivera, e o membro do Foro si-Galicia e subdirector de Banca Virtual e Canles Alternativas de Caixa Galicia, Marcelino Fdez. Mallo e diversas personalidades das institucións e do ámbito empresarial galego.

O Secretario Xeral de I+D, Miguel Á. Ríos dixo que o Centro de Competencias debe converterse nunha ferramenta estratéxica para a implantación do comercio electrónico en Galicia e destacou a necesidade de dar un impulso e facer un esforzo para salvar o retraso de Galicia neste eido e acadar a implantación das novas tecnoloxías e o comercio electrónico na sociedade e no ámbito empresarial.

Pola súa banda, o director do CESGA, a entidade que xestiona o Centro de Competencias, explicou ós asistentes os motivos que levaron á aparición do Centro e ós obxectivos que tentará acadar. O baixo nivel de emprego das novas tecnoloxías, a alta tasa de PEMES tradicionais e a localización periférica da nosa comunidade son as características que fan de Galicia unha rexión que pode tirar especial aproveitamento das novas tecnoloxías, segundo Javier García Tobío. O Centro de Competencias vai dinamizar o comercio electrónico na nosa rexión por medio de catro áreas de traballo: observatorio, formación, sensibilización e soporte". Tobío aclarou a respecto a actividade do Centro que non se trata dunha actividade de servicio para implantar webs, senón que o Centro infundirá confianza ás PEMES para que acudan ás empresas apropiadas que lles axuden a implantar o comercio electrónico.

O subdirector de Banca Virtual e Canles Alternativas de Caixa Galicia, Marcelino Fernández Mallo sinalou que "promover o comercio electrónico na nosa comunidade é de suma importancia pola influencia que ten en toda a cadea de valor dunha empresa. De seguido, a vicerrectora da UDC, Esther Fernández, centrouse na importancia da formación ou "alfabetización dixital" como requisito para favorecer o emprego das novas tecnoloxías e o comercio electrónico. Por último, o vicerrector de Extensión Cultural e Servicios da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel Rivera, explicou a participación da USC no proxecto e-MINDER e no Centro de Competencias, na área de investigación e observación, asegurando que "o desenvolvemento do comercio electrónico en Galicia pode ser exponencial como o de Francia nos últimos anos ou o doutros países da UE.

 
Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Xaneiro 2009
L M Me X V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com