Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Xeral >> Fonocom desenvolverá unha proba de facturación electrónica
 
Fonocom desenvolverá unha proba de facturación electrónica
08.04.2002 Print PDF Email
Repsol-YPF e Fonocom, filial de Comunitel, asinaron un acordo polo que desenvolverán unha proba piloto de facturación electrónica en Internet. Fonocom, que realiza servicios telemáticos, desenvolveu un proxecto que permitirá á petroleira o intercambio electrónico de facturas cos seus clientes dende un entorno virtual.

A factura electrónica é un sistema que elimina o proceso físico convencional de xestión de albaráns, é dicir, sustitúe o papel por soportes electrónicos de transporte e arquivo da información. Deste xeito, os clientes de Repsol-YPF axilizarán e simplificarán as xestións de facturación cun producto chamado factura.net, que non require ningún software específico para a súa instalación e é compatible con calquera sistema de contabilidade, así como coas políticas de seguridade existentes.

FONTE: AMDPress

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com