Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Support >> A Comisión do Mercado das Telecomunicacións destaca a transparencia de R
 
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións destaca a transparencia de R
27.11.2002 Print PDF Email
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións, órgano que regula o sector no Estado, só recibe información de tres das máis de sesenta operadoras de telecomunicacións que operan en España. A galega R é unha delas. Só tres das máis de sesenta operadoras de telecomunicacións que hai en España informan á Comisión do Mercado das Telecomunicacións, o órgano regulador dos prezos, incluídas as promocións e as ofertas. R, Telefónica e Retevisión son os únicos tres operadores que teñen dispoñible para consulta pública os seus prezos e ofertas.

A información sobre as tarifas que se atopa na páxina da Comisión do Mercado das Telecomunicacións é unha ferramenta clave para que os usuarios podan analizar con rigor os distintos prezos que ofrece cada operador. R é o único operador de carácter rexional que supera a proba e amosa a súa transparencia.

R: 85.000 clientes a finais do 2002

R tiña a 30 de setembro do 2002 un total de 68.091 clientes en Galicia. Os clientes repartíanse en dous grupos do seguinte xeito: 15.000 empresas e profesionais e 53 fogares conectados a súa rede de fibra óptica. En total, a compañía ten despregado 188.000 quilómetros de fibra óptica por toda Galicia.

A finais de setembro, R tiña invertido na comunidade 260 millóns de euros no despregamento da súa rede de fibra óptica, o que posibilita o acceso a esta infraestructura a preto de 270.000 fogares e empresas de Gailicia. O obxetivo a conseguir a finais do 2002 é chegar a cubrir a 305.000 unidades inmboliarias para poder alcanzar os 85.000 clientes.

Fonte: Expansion

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com